Publicacións

DÍA DA CIENCIA NA RÚA

Imaxe
O sábado, 4 de maio, terá lugar no Parque de Santa Margarida de A Coruña, unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa, a feira de divulgación científica organizada polos Museos Científicos Coruñeses e que contará, un ano máis, coa presenza do alumnado e profesorado do Club de Ciencia do noso colexio, que levará o traballos e experimentos levados a cabo ao longo deste curso tanto no concurso de Ciencia coma nos Xoves de Ciencia. Na imaxe podedes ver o plano de localización de cada entidade participante. O noso centro está na número 12, na zona da Casa das Ciencias e Planetario.  

2º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
O segundo Xoves de Ciencia estivo protagonizado polo alumnado de 5º de Educación Infantil, que fixeron un proxecto sobre as plantas, o coidado do entorno e a plantación responsable, que rematou cunha experiencia sobre como plantar semillas, neste caso de lentellas e fabas. No seguinte vídeo podedes ver un pequeno resumo do seu traballo e a súa exposición.  

1º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Comezamos os Xoves de Ciencia deste curso co alumnado de 4º de Educación Infantil. No seguinte vídeo podedes ver o seu traballo sobre burbullas de cores e a exposición que fixeron no hall do colexio para o resto do alumnado do centro.

PLÁSTICOS E MICROPLÁSTICOS

Imaxe
Os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria están a elaborar, para compartir co resto do alumnado do centro, un traballo e un pequeno concurso sobre os plásticos e os microplásticos e o problema que están a supoñer para o noso planeta e os seres vivos que estamos nel. Podedes ver unha escolma de fotos a continuación:      

O CICLO DA AUGA

Imaxe
Os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo de Culleredo asistiron o luns, 29 de xaneiro de 2024, a un obradoiro de formación sobre o ciclo da auga, impartido por Augas de Galicia. Neste obradoiro aprenderon a importancia da auga para o planeta, en xeral, e para os seres vivos en particular, o ciclo que segue a auga e a importancia dos ríos e o ecosistema que forman para o planeta (vexetación, fauna, rego, risco de inundacións, ...). sabemos, por experiencia na nosa zona e, especialmente, polos nosos compañeiros e compañeiras dos outros centros do proxecto de Agrupacións de centros educativos, da importancia da auga, o seu uso e as consecuencias da súa ausencia. Por iso é moi importante coñecer concienciarnos de utilizala, desde pequenos/as, de xeito responsable. A continuación podemos ver unha escolma de fotos da actividade.  

CONCURSO DE CIENCIA - GAÑADORES/AS

Imaxe
O concurso de Ciencia xa ten gañadores e gañadoras. Todos e todas os/as participantes foron gañadores/as polo seu traballo e esforzo pero, ademais, o xurado quixo distinguir a varios alumnos e alumnas polo seu traballo, a súa orixinalidade e a presentación. Podedes velo no seguinte vídeo:

CONCURSO DE CIENCIA

Imaxe
O venres, 24 de novembro, celebramos no colexio a terceira edición do Concurso de Ciencia que organizamos dende o Club de Ciencia. Nesta terceira edición houbo unha participación record de 60 nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria. O xurado, composto polas mestras de prácticas, valorou a cantidade, calidade e presentación dos diversos experimentos, exposicións e traballos. Todos e todas son gañadores neste concurso pero a deliberación é longa e complicada e, proximamente, entregaremos os diplomas. A continuación podedes ver o vídeo da xornada: