Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2024

2º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
O segundo Xoves de Ciencia estivo protagonizado polo alumnado de 5º de Educación Infantil, que fixeron un proxecto sobre as plantas, o coidado do entorno e a plantación responsable, que rematou cunha experiencia sobre como plantar semillas, neste caso de lentellas e fabas. No seguinte vídeo podedes ver un pequeno resumo do seu traballo e a súa exposición.  

1º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Comezamos os Xoves de Ciencia deste curso co alumnado de 4º de Educación Infantil. No seguinte vídeo podedes ver o seu traballo sobre burbullas de cores e a exposición que fixeron no hall do colexio para o resto do alumnado do centro.

PLÁSTICOS E MICROPLÁSTICOS

Imaxe
Os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria están a elaborar, para compartir co resto do alumnado do centro, un traballo e un pequeno concurso sobre os plásticos e os microplásticos e o problema que están a supoñer para o noso planeta e os seres vivos que estamos nel. Podedes ver unha escolma de fotos a continuación:      

O CICLO DA AUGA

Imaxe
Os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo de Culleredo asistiron o luns, 29 de xaneiro de 2024, a un obradoiro de formación sobre o ciclo da auga, impartido por Augas de Galicia. Neste obradoiro aprenderon a importancia da auga para o planeta, en xeral, e para os seres vivos en particular, o ciclo que segue a auga e a importancia dos ríos e o ecosistema que forman para o planeta (vexetación, fauna, rego, risco de inundacións, ...). sabemos, por experiencia na nosa zona e, especialmente, polos nosos compañeiros e compañeiras dos outros centros do proxecto de Agrupacións de centros educativos, da importancia da auga, o seu uso e as consecuencias da súa ausencia. Por iso é moi importante coñecer concienciarnos de utilizala, desde pequenos/as, de xeito responsable. A continuación podemos ver unha escolma de fotos da actividade.