Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2021

DESCUBRINDO E VISITANDO PRADEIRAS MARINAS

Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria do noso centro realizaron o mércores, 3 de marzo, unha visita á pradeira marina da Praia de Santa Cristina en colaboración co CEIDA. Realizaron diferentes actividades para ver os seres vivos que a habitan, a súa extensión usando un GPS, os beneficios que aporta, etc. É destacable que esta pradeira foi descuberta recentemente e que non figura do mapa das pradeiras marinas de España polo que, cando se faga o dragado da Ría do Burgo, corre perigo de desaparecer. O CEIDA pretende mapealo e incluílo na listaxe de pradeiras para a súa conservación. Toda a información da actividade nos seguintes enlaces: Noticia da visita na Voz de Galicia. Noticia da visita na Opinión de A Coruña. Noticia do descubrimento da pradeira na Opinión de A Coruña.