Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2019

CREANDO NUBES

Imaxe
Javier, de 6º de Educación Primaria, vainos amosar, no seguinte experimento, como facer nubes utilizando materiais sinxelos.

DESEÑO E IMPRESIÓN 3D

Imaxe
O luns, 11 de novembro, os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria visitaron á Fundación Barrié para realizar a actividade "Deseño e impresión 3D", na que traballaron con impresoras 3D e realizaron proxectos de deseño de diferentes prototipos. Estas actividades están dirixidas desde o Club de Ciencia, como estratexia para que o noso alumnado descubra a ciencia e o método científico con diferentes actuacións e actividades que, de xeito máis lúdico e participativo, permitan o coñecemento e aplicación das súas competencias no eido da ciencia.                            

E Á TERCEIRA FOI A VENCIDA

Imaxe
O noso centro mercou, a mediados do curso pasado, unha incubadora. Con este proxecto pretendemos que os nenos e nenas vexan a miragre da vida a través do proceso que leva a un ovo a converterse nun pitiño. Aínda que comezamos con moito entusiasmo, as dúas primeiras tentativas non tiveron éxito. Isto non foi malo porque tamén nos serviu para ver e comprender que non sempre sae todo á primeira e que a ciencia está chea de éxitos pero tamén de fracasos (unha parte do método científico e a investigación están fundamentados no ensaio e o erro). Hai tres semanas fixemos unha nova tentativa e, por fin, houbo éxito. Dende a madrugada do 10 ao 11 de novembro o centro conta con seis novos compoñentes que naceron na incubadora. Despois de saír da incubadora xa están instalados nun lugar máis apropiado para a súa crianza, con comida, bebida e calor.  

SEMANA STEM - DÍA 6 - DESPEDIDA

Imaxe
O venres, 8 de novembro, foi o último día completo da actividade. Pola mañán remataron os obradoiros que foron facendo de xeito rotativo ao longo da semana. Na hora da tarde prepararon e presentaron aos demais compañeiros e compañeiras proxectos de ciencia (moi orixinais). Xa na velada da noite despedímonos con sesión de discoteca. O sábado, 9 de novembro, foi día de revisar en grupo as fotos de toda a semana e despedirnos dos nenos e nenas do CEIP Raíña Fabiola de Santiago, cos que compartimos semana. Subimos ao autobús e chegamos ao colexio para reencontrarnos coas familias.                  

SEMANA DA CIENCIA 2019

Os Museos Científicos Coruñeses celebran do luns 11 ao domingo 17 de novembro sete días de portas abertas, con motivo da Semana Internacional da Ciencia 2019 . Durante esa semana a entrada será gratuita na Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. Ademais dos contidos dos tres museos, ao longo da semana haberá outras actividades, como unha  novedosa representación teatral de divulgación científica o viernes 15, actividades interactivas relacionadas coa auga e, o sábado 16, a entrega dos Prismas á Divulgación 2019. Este é o programa: - Do 11 a 17 de novembro. Portas abertas na Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, de 10 a 19 horas (o Aquarium pecha o acceso ás 18 horas). - Do 14 a 17 de novembro. Obradoiros sobre a auga: ChoivaBox é un módulo interactivo que simula a choiva e a súa almacenaxe nunha conca hidrográfica. Actividade de realidade virtual para visualizar o interior dunha instalación de tratamento de auga. Organi

SEMANA STEM - DÍA 5 - MAL TEMPO E FACTOR X

Imaxe
Chegamos ao xoves, 7 de novembro. Foi un día moi atarefado. Pola mañán tocaron os obradoiros que están a desenvolver ao longo da semana. Despois da comida houbo que preparar e presentar proxectos e, tamén, o traballo da velada da noite (hoxe tocou Factor XE). Xa queda moi pouco para rematar e estamos achegándonos ao final da Semana STEM. Mañán será día de presentación de proxectos e actividades e despedida.        

SEMANA STEM - DÍA 4 - XA PASAMOS O ECUADOR

Imaxe
Estamos xa na recta final da Semana Stem e os nenos e nenas do centro están a facer moitas actividades: Pola mañán continuaron cos obradoiros que comezaron onte rotando (os que onte estaban nunha actividade hoxe pasaron á seguinte). Despois da comida tocou xincana. Pola noite, despois da cea, na velada, tiveron que amosar as súas habilidades artísticas en "FUROR".       Hoxe tamén saímos na prensa. Podedes velo facendo clic AQUÍ .

SEMANA STEM - DÍA 3 - OBRADOIROS

Imaxe
Dende o martes, 5 de novembro, e ata o final da Semana STEM os nosos nenos e nenas realizarán diferentes obradoiros relacionados coa ciencia e a tecnoloxía. Cada día fan un e van rotando o resto dos días. Os obradoiros son: Robótica Microbit Makey Makey Pegada ecolóxica e efecto invernadoiro                         Pola tarde tocou visita ás Termas de Outariz   E na velada da noite houbo sesión de cine