Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2023

NOVO CURSO, NOVAS ILUSIÓNS

Imaxe
Benvidos e benvidas ao sexto curso do noso Club de Ciencia. Ao longo deste 2023-24 iremos facendo varias actividades, entre as que destacan: Participación en diferentes edicións de Feiras de Ciencia (neste curso temos previsto ir ao Dïa da Ciencia na Rúa). Os Xoves de Ciencia, unha actividade nas que os nenos/as e mestres/as de todos os cursos e niveis do centro, amosan e divulgan ao resto de compañeiros/as os diferentes proxectos, relacionados co eido científico, que desenvolven ao longo de cada curso. Na pandemia os Xoves de Ciencia foron en web pero, neste curso, pretendemos recuperar a presencialidade e facelos nos recreos e nas aulas. Agrupacións de Centros Educativos. Temos un proxecto previsto para este curso e o seguinte co título "conCIENCIAdos por un mundo mejor" cos centros educativos: CEIP Andrés García Soler (Lorca-Murcia), CEIP Federico García Lorca (Las Palmas de Gran Canaria), CEIP Honduras (Madrid) e IES Néstor Almendros (Tomares-Sevilla). Concurso