Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2023

CULLERCIENCIA 2023

Imaxe
O sábado, 10 de xuño, de 2023, celebramos a quinta edición da Cullerciencia (a Feira de Ciencia que, en colaboración co Concello de Culleredo e a FECYT, organiza o Club de Ciencia do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo. Houbo 40 tendas nas que alumnado e profesorado de diversos centros educativos de todas as idades, alumnado e profesorado da Universidade de A Coruña e, en xeral, diversas entidades relacionadas co eido da Ciencia, que presentaron aos numerosos/as asistentes diversas actividades científicas. Tamén tivemos tres charlas de Ciencia que foron especialmente interesantes e motivadoras e diversos obradoiros. Foi unha xornada de divulgación e disfrute para todos os públicos. Xa estamos a preparar a edición do ano 2024 (facede un oco nas axendas para o 8 de xuño de 2024). A continuación podedes ver unha escolma de enlaces e fotos sobre a Feira. ENLACES https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/culleredo/2023/06/02/cullerciencia-cuenta-edicion-presencia-cientificasveronica-bolon-alic