Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2019

CIRCUITO ELÉCTRICO "EXIPCIO"

Imaxe
Javier, de 5º de Primaria, vainos amosar como facer un circuito eléctrico sinxelo e convertilo despois nun xogo de preguntas e respostas. Disfrutádeo.

DÍA DA CIENCIA NA RÚA

Imaxe
Acabamos de recibir a boa nova de que este ano fomos seleccionados para participar no XXIV Día da Ciencia na Rúa, que terá lugar no Parque de Santa Margarida de A Coruña o sábado, 4 de maio. Estamos moi ilusionados por participar nun evento coma este e agora imos comezar a selección de experiencias e experimentos que imos presentar para ese día. Aínda estades a tempo de aportar as vosas ideas.

EXIPTO: A INFLUENZA DA LUZ NAS CORES

Imaxe
Eva e David (de 6º e 3º de Primaria) amósannos neste interesantísimo vídeo a importancia da luz nas cores e como lles afectaba aos exipcios na súa vida cotiá.

FEIRA DE CIENCIA NO CEIP PLURILINGÜE RÍA DO BURGO

O xoves, 20 de xuño, celebraremos a 1ª Edición da Feira Científica do noso centro. Esta idea xurdiu da proposta da asemblea de alumnado e con esa ilusión estamos a preparala. Iremos dando máis detalles segundo vaiamos sabendo horarios, participantes e o resto dos aspectos da mesma. EN MARCHA.

COMITÉ CIENTÍFICO ASESOR

Desde o comezo da andaina do noso Club de Ciencia estamos a buscar persoas expertas no mundo científico para que nos axuden a levar a cabo este proxecto. A día de hoxe xa se nos uniron: Francisco Armesto Ramón: Director Técnico de Proxectos dos Museos Científicos Coruñeses. Eva Montenegro Piñeiro: Técnico de Proxectos do Muncyt. María Viña Rebolledo: Técnico de Proxectos do Muncyt. José Manuel Viñas Diéguez: Profesor de Bioloxía e Xeoloxía do IES David Buján de Cambre e impulsor da Feira Científica de Cambre e o blogue "XenT D100cia". Grazas a todos pola vosa colaboración.