Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2022

IV FEIRA DE CIENCIA

Xa está en marcha a IV Edición da Feira de Ciencia. Neste ano será o sábado, 18 de xuño, en horario de 11:00 a 20:00 na explanada do Paseo Marítimo do Burgo. Neste curso contamos coa colaboración do Concello de Culleredo na realización da Feira. Teremos varios ambientes: Centros educativos. Da zona e algún do resto de España. Entidades e organizacións de alumnado con necesidades educativas especiais. Entidades e organizacións relacionadas coa Ciencia (Universidade, Museos Científicos, ...). Charlas con científicas. Zona de Ciencia lúdica. Contamos coa vosa participación e, en vindeiras xornadas, iremos dando máis información sobre o acontecemento.