Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2019

COMPOSTAXE

Imaxe
O noso centro foi seleccionado para participar nun proxecto de compostaxe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. A Conselleira, dona Ángeles Vázquez, veu inaugurar  esta iniciativa no noso centro para aproveitar os residuos orgánicos das merendas e do comedor e convertelos en compost para utilizar no noso horto escolar. O centro disporá de composteiros e material de elaboración, e terá cursos de iniciación para o alumnado. Posteriormente a Conselleira foi entrevistada na radio escolar do centro por un grupo de catro alumnos e alumnas. A web da Xunta e Facebook xa se fixeron eco da nova. Web da Xunta. Facebook . Poden verse as fotos do acto.    

SEMANA STEM

Imaxe
O noso centro foi seleccionado para participar na Semana STEM. Esta actividade consiste na participación dun grupo de alumnos e alumnas de cada escola (o número máximo é de 25 por colexio e ao noso centro adxudicáronlle o número máximo de prazas) nunha semana de campamento no que realizarán actividades relacionadas coa ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas. Despois do proceso de selección haberá 25 nenos e nenas do noso colexio que realizarán esta actividade entre o 3 e o 9 de novembro en Os Peares. Participarán en diversas experiencias científicas relacionadas coa robótica, enerxías renovables, xogos matemáticos, efecto invernadoiro, etc.