Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2019

DÍA MUNDIAL DA RADIO

O 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio. E para conmemoralo inauguramos a nosa radio escolar e o blog da mesma. No enlace https://radioburgo.blogspot.com/ ou accedendo á web do colexio (no apartado blogues do centro) podedes acceder aos seus contidos. Radio Ría do Burgo.

A MULLER E A OCEANOGRAFÍA - HISTORIAS DE PIONEIRAS

Continuando coa celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o Instituto Español de Oceanografía ven de elaborar un proxecto sobre a presenza feminina no ámbito oceanográfico. E, tamén, pon a disposición de calquera usuario/a a visualización e/ou descarga do libro "Oceánicas. Pioneiras da Oceanografía". Proxecto Oceánicas. Libro.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O 22  de decembro de 2015 a Asemblea Xeral da UNESCO decidiu establecer un Día Internacional anual para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e a nenas na ciencia e a tecnoloxía, a traves da resolución A/RES/70/212. A igualdade entre homes e mulleres é unha prioridade global da UNESCO, e o apoio ás xovenes, a súa educación e a súa plena capacidade para facer oír as súas ideas son os motores do desenvolvemento e a paz. Nos seguintes enlaces podedes atopar inforamación sobre a conmemoración deste día e actividades que se están a facer. Páxina da UNESCO . Páxina de Nacións Unidas . Muncyt . Prensa .