Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2019

FEIRA CIENTÍFICA NA FUNDACIÓN BARRIÉ

Imaxe
Os nenos e nenas de 5º e 6º de E. Primaria asistiron á Feira Científica que organizou a Fundación Barrié e na que un equipo da Facultade de Ciencias da Universidade de A Coruña prepararon varias actividades e experiencias que os nosos alumnos/as realizaron e disfrutaron intensamente. Agradecemos á Fundación Barrié e á Facultade de Ciencias da UDC a súa invitación a participar e quedamos encantados e con ganas de volver. Vemos algunhas fotos aquí e todas no apartado Galería da web do colexio.  

UN ESCORNABOT EN EXIPTO

Imaxe
Os nenos e nenas de 3º de E. Primaria fixeron un xogo co escornabot relacionado co tema do colexio deste ano: a civilización exipcia. Temos un taboleiro de xogo, unha tarxetas con instrucións e un escornabot. Vemos algunhas fotos da actividade:     No seguinte vídeo podemos ver o resultado.  

EXPERIMENTO VOLCÁN

Imaxe
Carla e Nuria de 6º de E. Primaria van amosar, no seguinte vídeo o funcionamento dun volcán.

XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Desde o mes de abril, imos dedicar os xoves, no recreo e no plan lector, á ciencia. Os nenos e nenas de todos os cursos de Infantil e Primaria amosarán aos seus compañeiros e compañeiras os seus traballos relacionados co ámbito científico. Para iso, instalamos unha pérgola na entrada do colexio e elaboramos un calendario de actuacións, como podedes ver nas seguintes fotos. As familias teredes a oportunidade de ver todo isto na vindeira Feira de Ciencia, que imos celebrar o xoves, 20 de xuño, no colexio.  

A TODA VELA (BERNOUILLI)

Imaxe
E seguimos falando de velas, só que agora son as dos barcos. Eva, Lucía e Miguel experimentan o principio de Bernouilli no seguinte vídeo.

EXPERIMENTAMOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Imaxe
Os nenos e nenas de Educación Infantil de 3 anos están a experimentar, nos seguintes vídeos, como o aire, o lume e a auga interactúan entre eles e que efectos se producen. Maxia?. Non, Ciencia.