Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

OBRADOIRO SOBRE MAGNETISMO

Imaxe
Os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil están a investigar o magnetismo. Traballaron con distintos materiais e superficies para ver como é a atracción magnética. Podemos ver algunha foto aquí do que fixeron. No apartado GALERÍA da web do colexio (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipriadoburgo/galeria/) podedes ver todas as fotos.    

LIBROS DE CIENCIA

Imaxe
Na biblioteca do noso colexio estamos a incorporar algúns libros para que traballemos o método científico, a investigación, a presenza de mulleres no eido científico e, en definitiva, a ciencia. Na foto que aparece abaixo podedes ver algún dos exemplares.  

XORNADA DE INICIATIVAS STEM

Imaxe
O mércores, 28 de novembro, profesorado do centro participou en Santiago de Compostela na Xornada de Iniciativas STEM. STEM é a abreviatura dos termos ingleses Science-Technology-Engineering and Mathematics (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas. Esta xornada permitiu ver diferentes experiencias que se están a facer neste ámbito e que esperamos ir implementando no noso colexio.

IX DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Imaxe
Ao longo de todo o mes de novembro conmemórase o Día da Ciencia en galego. Podemos consultar nas webs de Igaciencia ou Ciencia en galego para ver as actividades e propostas interesantes que hai.