Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

5º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Pasamos o ecuador dos nosos Xoves de Ciencia coa quinta sesión a cargo do alumnado de 2º de Educación Primaria do noso colexio, do alumnado de Educación Infantil do CEIP Andrés García Soler de Lorca (Murcia) e co alumnado de Educación Secundaria do IES Severo Ochoa de San Juan de Aznalfarache (Sevilla). Facendo clic AQUÍ poderes ver os vídeos desta semana (e tamén das anteriores, por se non os vistes aínda ou queredes volver a velos). Clicando en cada curso podedes ver os respectivos vídeos.  

4º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Chegamos ao 4º Xoves de Ciencia cunha agradable incorporación. O noso colexio (e, por suposto, o Club de Ciencia) participa neste curso e no vindeiro, nun programa do Ministerio de Educación e Formación Profesional chamado "Agrupacións de centros educativos". Esta iniciativa consiste no traballo conxunto e compartido de diferentes experiencias entre centros educativos de toda España. O noso colexio está a participar, con outros tres centros, que son: O CEIP Andrés García Soler de Lorca (Murcia). O IES Severo Ochoa de San Juan de Anzalfarache (Sevilla). O CEIP Federico García Lorca de Las Palmas de Gran Canaria (Gran Canaria). Imos compartir con estes centros dúas das iniciativas máis importantes que realizamos no Club de Ciencia: os Xoves de Ciencia e a Feira de Ciencia. Hoxe incorpóranse aos Xoves de Ciencia os nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP Andrés García Soler e os alumnos e alumnas de Secundaria do IES Severo Ochoa. Ademais, o alumnado de 4º de Primaria do nos

DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2022

Imaxe
O sábado, 7 de maio, entre as 11:00 e as 19:00 horas, tivo lugar, no Parque de Santa Margarida, en A Coruña, unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa. O noso centro participou, un ano máis, nesta actividade. Estivemos situados na tenda nº11. O alumnado voluntario de 5º e 6º foi presentou cinco experiencias (pradeiras mariñas, creando xeodas, fabricando unha clepsidra, pasta de dentes de elefante e un estudo sobre o mofo do pan) e presentounas na Feira. O magnífico nivel de exposición do noso alumnado fixo que recibiramos felicitacións do comité organizador, de profesorado da Facultade de Ciencias e dos Museos Científicos Coruñeses, ademais do público asistente. Podedes ver fotos na Galería da web do centro (no enlace http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipriadoburgo/galeria/thumbnails.php?album=358 ) e, tamén, a entrevista que fixo CUAC FM na propia feira a profesorado e alumnado do colexio (facendo clic AQUÍ ). A continuación podedes ver fotos da xornada.

3º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
E, comezando maio, chega o 3º Xoves de Ciencia, protagonizado polos nenos e nenas de 3º de Educación Primaria, que nos traen dous vídeos con experimentos que realizaron (podedes velos facendo clic AQUÍ , no apartado de 3ºA e 3ºB). A bolsa a proba de fugas. Osiños mutantes.