Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

ENLACES E RECURSOS PARA APRENDER CIENCIA

Ola a todos e todas. Envío dous enlaces máis para traballar Ciencia nestes días. O primeiro enlace é o do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) con diferentes recursos para aprender ciencia. O segundo enlace é de Naturgy con diferentes actividades e recursos de ciencia.

MÁIS ENLACES CIENTÍFICOS

Continuamos con máis enlaces sobre ciencia: Experimentos para os días de cole a distancia. Xenes en acción. Quítalle a coroa ao virus. Mans limpas, corpo saudable.

ENLACES DE CIENCIA

O Club de Ciencia quere tamén contribuír a pasar o mellor posible estes días de "reclusión". Por iso, imos facilitar unha serie de enlaces con vídeos, libros descargables e noticias varias sobre Ciencia, para que poidades consultalas e veredes como vos resultan interesantes. O primeiro enlace, como non podía ser doutro xeito, trata do protagonista das últimas xornadas: o coronavirus e dez boas noticias sobre o que xa sabemos del.  Outro enlace interesante (se tedes Twitter) trata sobre a experimentación e investigación, de xeito caseiro, da importancia de lavar ben as mans . No terceiro podemos descargar un libro moi interesante, que se chama "Enseñando ciencia con ciencia" . No cuarto link veremos unha investigación sobre un feito que provocará ledicia nalgunha xente (especialmente os/as que lles teñen medo): "Por que non poden existir as arañas xigantes" . E, para rematar por hoxe, hai unha canle en YouTube con diferentes vídeos sobre ciencia: Bi

CORONAVIRUS

Dende o Club de Ciencia non podemos obviar o tema de maior actualidade a día de hoxe: o coronavirus. A nosa actividade coma club queda suspendida ata que nos volvamos a incorporar á actividade lectiva. O Club lémbravos a todos e todas a importancia das medidas sanitarias que se están a tomar para conter o virus (extremar as medidas de hixiene e quedar na casa e non saír á rúa, salvo para o absolutamente imprescindible, principalmente). Tamén queremos agradecer e aplaudir o labor de todo o persoal sanitario que coida de nós e de todos os investigadores e investigadoras que traballan a diario para combater as enfermidades e mellorar a nosa calidade de vida.

2º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Os nenos e nenas de 5º de Infantil foron os científicos e científicas que amosaron ao resto de compañeiros e compañeiras do colexio os seus experimenteos no segundo xoves de ciencia. As actividades que presentaron foron as seguintes: A nube nunha botella. Gusanos saltaríns. Neve artificial. Lámpada de lava. A continuación podedes ver algunhas fotos da xornada.      

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN SOBRE O FUME

Imaxe
Sabela, Carla, Ainhoa e Aldara fixeron un vídeo sobre un proxecto de investigación da influenza (negativa, obviamente) do fume en xeral e do tabaco en particular, tanto nos nosos pulmóns coma no que nos arrodea (roupa, calzado, etc). A continuación podedes ver o resultado do seu traballo.  

FABRICANDO CLEPSIDRAS

Imaxe
O alumnado do Club de Ciencia de 5º e 6º de Educación Primaria participou no concurso de elaboración de clepsidras (reloxos de auga) do centro. Nos seguintes vídeos podedes ver dous exemplos: Alba, Gabriela e Marta amosan neste vídeo o seu proxecto de clepsidra. Sabela, Carla, Ainhoa e Aldara tamén fixeron unha clepsidra.

1º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Comezamos, por segundo curso, unha nova edición dos Xoves de Ciencia. Nesta primeira xornada os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil (coas súas profesoras Celia, Melisa e Ariana) fixeron as delicias do resto dos seus compañeiros de Infantil e Primaria con catro experimentos: O globo que infla só. Choiva de cores. Cores bailaríns. Lámpada de lava. A continuación podedes ver unha escolma de fotos da xornada: