Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2024

4º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
O cuarto Xoves de Ciencia deste curso está protagonizado polo alumnado e profesorado do ámbito científico de 1º de Educación Primaria, que presentan dous experimentos xeniais: Xamón, xamón? e Borrador máxico. Podedes ver o vídeo a continuación.

ANUNCIO CULLERCIENCIA

Imaxe
O alumnado que participa no Proxecto Audiovisual do colexio fixo un precioso anuncio para publicitar a sexta edición da Cullerciencia que, como sabedes, terá lugar o sábado, 8 de xuño, na explanada do Paseo Marítimo de O Burgo. Podedes velo a continuación:

3º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Estrenamos o terceiro Xoves de Ciencia co noso alumnado de Infantil de 5 anos e tres experimentos: un sobre electromagnetismo, outro sobre un barco de vapor e, finalmente, un sobre coloración e densidade. No seguinte vídeo podedes ver os experimentos e un resumo da xornada.    

DÍA DA CIENCIA NA RÚA

Imaxe
O sábado, 4 de maio, terá lugar no Parque de Santa Margarida de A Coruña, unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa, a feira de divulgación científica organizada polos Museos Científicos Coruñeses e que contará, un ano máis, coa presenza do alumnado e profesorado do Club de Ciencia do noso colexio, que levará o traballos e experimentos levados a cabo ao longo deste curso tanto no concurso de Ciencia coma nos Xoves de Ciencia. Na imaxe podedes ver o plano de localización de cada entidade participante. O noso centro está na número 12, na zona da Casa das Ciencias e Planetario.