Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2019

XXIV DÍA DA CIENCIA NA RÚA

Como xa dixemos, o sábado, 4 de maio, celébrase no Parque de Santa Margarida o XXIV Día da Ciencia na Rúa, en horario de 11:00 a 19:00 horas. Ven de publicarse o folleto dixital das propostas de todos os participantes e outras actividades que se van facer (o noso centro aparece na páxina 56). Podedes ver e/ou descargar a revista facendo clic AQUÍ .

JORGE MIRA

Imaxe
Tres das nosas alumnas da radio escolar acudiron o pasado 12 de abril á Facultade de Fisica da Universidade de Santiago de Compostela a realizar unha entrevista ao famoso Fisico, investigador e divulgador Jorge Mira. Podedes escoitar a entrevista no blog da radio escolar do centro ou facendo clic AQUÍ .  

3º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
O xoves, 25 de abril, despois das merecidas vacacións de Semana Santa, retomamos os xoves de ciencia co alumnado de 5º de Educación Infantil. Fixeron experimentos relacionados co magnetismo e outros relacionados co noso corpo (incluída unha aplicación na que podemos ver o funcionamento do noso organismo a través dunha camiseta). Podedes ver nas seguintes fotos o magnífico traballo que fixeron.  

TALLER PLANETA LIMPO-FUNDACIÓN PROSEGUR

Imaxe
O martes 23 e o mércores 24 de abril os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participaron, na biblioteca do colexio, no Taller Planeta Limpo da Fundación Prosegur. Esta iniciativa pretende conciencia ao alumnado da xestión de residuos e da importancia do coidado do noso planeta. Para isto, empregan a robótica e a programación a través dos dispositivos Lego Wedo 2.0 Education. Nas fotos que aparecen a continuación podedes ver momentos da actividade e do ben que o pasaron e o que aprenderon.                             

2º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Hoxe tivemos o segundo xoves de ciencia. Esta vez foi a quenda dos nenos e nenas que 6º de Educación Infantil, que nos deleitaron con catro experimentos: O volcán. O globo sen aire. Disco de Newton. Debuxo invisible. Foi moi interesante, como podedes ver nas fotos.