Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2019

8º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Imos chegando ao final de curso paseniñamente e estamos xa no oitavo Xoves de Ciencia (xa só quedan dous máis para rematar esta marabillosa experiencia). Hoxe foi a quenda de 4º de E. Primaria que nos convidaron a todos e todas a participar e gozar de tres experiencias: o fluído non newtoniano, a torre de densidade e o mundo da esferificación. A continuación as fotos.                       

7º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Nesta xornada foi a quenda dos nenos e nenas de 3º de Educación Primaria. Trouxeron experiencias relacionadas coa capilaridade, a robótica (nun circuíto con escornabots e un taboleiro de Exipto) e sobre presión e tensión superficial con auga. E agora fotos da xornada.                

III CONGRESO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL SOBRE COMPOSTAXE EN CENTROS DE ENSINO

Imaxe
O martes, 21 de maio, os nenos e nenos de 5º de Primaria participaron no III Congreso de Educación Ambiental sobre compostaxe en centros de ensino (Revitaliza). Participaron, xunto con outros tres centros de ensino galegos, na presentación das actividades realizadas ao longo do curso, asistiron a unha obra de teatro relacionada coa reciclaxe e, pola tarde, fixeron unha visita guiada polo entorno natural de Pontevedra. Foi unha experiencia moi positiva que axudará a concienciar sobre o coidado e respecto pola nosa contorna e, tamén, do importante papel que xogamos coma axentes de protección ambiental. Agora fotos do evento.