DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Hoxe celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Como afirma a UNESCO, “a ciencia é a maior empresa da sociedade”. Grazas á ciencia podemos vivir máis tempo e mellor, podemos levar auga e enerxía ás nosas vidas, achéganos comida e ten un papel importante no desenvolvemento da práctica deportiva, a música, o lecer, a cultura, as comunicacións… Sen ciencia as nosas vidas non se parecerían ao que realmente son. En 2015, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas decidiu proclamar o 11 de febreiro coma o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Isto débese a que, do mesmo xeito que noutros moitos campos profesionais, existen barreiras que dificultas o acceso e a participación equitativa de mulleres e nenas na ciencia e na tecnoloxía. Ser capaces de afrontar esta problemática é un requisito para acadar os obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) incluídos na Axenda 2030. Un dos máis importantes para logralo debe ser, por tanto, o impul