Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2021

6º XOVES DE CIENCIA

Xa pasamos o ecuador desta edición dos Xoves de Ciencia e hoxe é a quenda do alumnado de 1º de Educación Primaria. Os nenos e nenas de 1º fixeron dous vídeos moi interesantes, que podedes ver facendo clic AQUÍ , nos que falan sobre o ciclo da auga e os refrescos e os nosos dentes respectivamente.

5º XOVES DE CIENCIA

Comezamos o quinto Xoves de Ciencia co alumnado de 5º Primaria, que fixeron un vídeo moi interesante sobre as pradeiras mariñas. Descubriron, coa axuda do CEIDA, unha pradeira mariña que non estaba catalogada e que pretendemos preservar entre todos/as, antes de que se proceda ao dragado da Ría do Burgo. Tamén participarán no Congreso Escolar CEIDA o vindeiro 11 de xuño, no que amosarán o seu traballo. Podedes ver o vídeo facendo clic AQUÍ .

4º XOVES DE CIENCIA

Chegamos á 4ª xornada dos nosos Xoves de Ciencia e o noso alumnado de 3º de Educación Primaria fixo unhas actividades moi interesantes que podedes ver facendo clic AQUÍ . Parabéns polo voso traballo e nós, a desfrutalo.

3º XOVES DE CIENCIA

Chegamos a maio e comezamos o 3º Xoves de Ciencia con diferentes experiencias do alumnado de 4º de Educación Primaria. Coma sempre, podedes ver os vídeos facendo clic AQUÍ .