Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2021

FEIRA DE CIENCIA

Imaxe
E, por fin, chegou o día da inauguración da nosa Feira de Ciencia. Se facedes clic AQU Í podedes acceder á páxina do Club de Ciencia. No apartado Feira de Ciencia poderedes realizar un tour virtual polo centro e así, en cada clase, poderedes ver os experimentos de cada aula e, na zona de pasillos e corredores, as experiencias das entidades colaboradoras. Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación.  

9º XOVES DE CIENCIA

Chegamos ao noveno e último Xoves de Ciencia deste curso. Neste caso é a quenda do alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos). Os nenos e nenas (coas mestras Iria e Aurora) amósannos facendo clic AQUÍ os seus experimentos. Grazas a todo o profesorado e alumnado do centro pola súa participación.

I CONGRESO ESCOLAR SOBRE PRADEIRAS MARIÑAS

Imaxe
Como xa comentamos noutro artigo do blog, o alumnado de 5º de Educación Primaria (coas profes Paula, Celia e María) levan case todo o curso aprendendo e investigando sobre as pradeiras mariñas. Un grupo de alumnos e alumnas do centro, coas mestras, asistiron e participaron no I Congreso Escolar sobre Pradeiras Mariñas, celebrado o 11 de xuño en Oleiros. No Congreso fixeron de guías para o resto de participantes, amosando a pradeira mariña da praia de Santa Cristina que, ata o de agora, non figuraba en ningunha guía previa. Podedes ver a noticia no diario A Voz de Galicia facendo clic AQUÍ .  

8º XOVES DE CIENCIA

Chegamos ao 8º e penúltimo Xoves de Ciencia e os nosos nenos e nenas de 5º de Educación Infantil (4 anos) xa puxenron na web os seus experimentos. Podedes velos facendo clic AQUÍ . Xa só queda unha semana para rematar e, os días 21 e 22 de xuño, teremos a nosa terceira edición da Feira de Ciencia (que neste ano tan atípico terá que ser virtual).

AULA STEAM

Imaxe
O Club de Ciencia do noso colexio e Afundación Abanca levaron a cabo, con todo o alumnado do centro, unha serie de actividades  de robótica para o alumnado ( "Robótica básica" para Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria e "A arte das emocións" para 4º, 5º e 6º de Educación Primaria). Foron sesións moi interesantes e educativas para fomentar o eido tecnolóxico e científico nos nosos nenos e nenas. Podedes ver fotografías a continuación.  

7º XOVES DE CIENCIA

Xa estamos na séptima semana dos Xoves de Ciencia e comezou a quenda do alumnado de Educación Infantil. Os nenos e nenas de 6º de Infantil (5 anos) fixeron varios experimentos que podedes ver nos vídeos que elaboraron (que podedes ver facendo clic AQUÍ ). Os experimentos son: Foguete espacial. Sementamos estrelas. Area de Lúa. Os limóns eléctricos.