Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2024

7º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Abordamos a recta final dos Xoves de Ciencia cos experimentos levados a cabo polo alumnado de 4º de Educación Primaria, que van dende a tensión superificial da auga ata o electromagnetismo. Podedes ver o vídeo da xornada a continuación.  

REBUMBIO MATEMÁTICO

Imaxe
Un grupo de alumnos e alumnas de 6º de Primaria (os/as que superaron a primeria fase, que tivo lugar no colexio) participaron no Rebumbio Matemático, organizado por AGAPEMA, e que tivo se celebrou no Forum Metropolitano da Coruña. Foi unha xornada lúdica e de aprendizaxe. Podedes ver unha escolma de fotos a continuación:  

6º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
O 6º Xoves de Ciencia chegou ao centro e foi a quenda do alumnado de 3º de Educación Primaria, que trouxo varios experimentos para o resto de compañeiros e compañeiras do centro e que foron expostos no hall de entrada do centro, como é habitual. Podedes ver o vídeo a continuación:  

DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2024

Imaxe
O sábado, 4 de maio, tivo lugar, no Parque de Santa Margarida de A Coruña, unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa, a feira de divulgación científica que organizan a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e os Museos Científicos Coruñeses. Un curso máis, o Club de Ciencia levou a 47 alumnos/es e varios mestres/as do colexio, que representaron ao centro nesta actividade. Podedes ver unha escolma de fotos a continuación.  

5º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Pasamos o ecuador dos Xoves de Ciencia co alumnado de 2º de Educación Primaria, que nos presentan diversos experimentos moi interesantes, que podedes ver a continuación no seguinte vídeo.    

4º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
O cuarto Xoves de Ciencia deste curso está protagonizado polo alumnado e profesorado do ámbito científico de 1º de Educación Primaria, que presentan dous experimentos xeniais: Xamón, xamón? e Borrador máxico. Podedes ver o vídeo a continuación.

ANUNCIO CULLERCIENCIA

Imaxe
O alumnado que participa no Proxecto Audiovisual do colexio fixo un precioso anuncio para publicitar a sexta edición da Cullerciencia que, como sabedes, terá lugar o sábado, 8 de xuño, na explanada do Paseo Marítimo de O Burgo. Podedes velo a continuación:

3º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Estrenamos o terceiro Xoves de Ciencia co noso alumnado de Infantil de 5 anos e tres experimentos: un sobre electromagnetismo, outro sobre un barco de vapor e, finalmente, un sobre coloración e densidade. No seguinte vídeo podedes ver os experimentos e un resumo da xornada.    

DÍA DA CIENCIA NA RÚA

Imaxe
O sábado, 4 de maio, terá lugar no Parque de Santa Margarida de A Coruña, unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa, a feira de divulgación científica organizada polos Museos Científicos Coruñeses e que contará, un ano máis, coa presenza do alumnado e profesorado do Club de Ciencia do noso colexio, que levará o traballos e experimentos levados a cabo ao longo deste curso tanto no concurso de Ciencia coma nos Xoves de Ciencia. Na imaxe podedes ver o plano de localización de cada entidade participante. O noso centro está na número 12, na zona da Casa das Ciencias e Planetario.