Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2024

OBRADOIRO DE FIGURAS DE NADAL CON FÍO CONDUCTOR.

Imaxe
No mes de decembro buscamos figuras creativas para decorar a nosa árbore. Nesta ocasión fixemos unha sinxela manualidade. As figuras navideñas xa tiñan o fío condutor cosido, os nenos e nenas colocaron a cinta de cobre, integraron as luces LED e conectárono á fonte de alimentación.  Boas Festas cheas de Luz!!   Equipo Club de Ciencia

PRESENTACIÓN DOS PROXECTOS NO IV CONCURSO DE CIENCIA

Imaxe
O venres 22 de novembro a emoción sentiuse no noso colexio, xa que os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria participaron no noso IV Concurso de Ciencia. Este evento destaca non só a súa capacidade creativa, senón tamén a súa paixón e dedicación ao mundo científico. Durante semanas, os participantes traballaron en equipo para desenvolver proxectos innovadores. Os proxectos gañadores deixaron unha moi boa impresión no xurado, grazas á súa orixinalidade e presentación, demostrando que o futuro está en mans talentosas e creativas. Clic na imaxe para ver Felicitamos a todos os participantes polo seu esforzo e entusiasmo, e agardamos con moita ilusión as valiosas achegas que seguirán facendo no campo da ciencia.  Ata a próxima amigos e amigas....