Publicacións

PIANO DE FROITAS

Imaxe
Ainhoa e Aldara, de 5º de E. Primaria, van amosar no seguinte vídeo como facer un piano con froitas.

XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Inauguramos o noso primeiro xoves de ciencia no día de hoxe coa exposición de traballos e experimentos do alumnado que vai participar na XXIV edición do Día da Ciencia na Rúa (o vindeiro 4 de maio no Parque de Santa Margarida). Os nenos e nenas de Infantil e Primaria asistiron ás catro actividades presentadas que foron: Taller de momificación. Circuíto eléctrico exipcio. Piano de froitas. Luz e cor. A actividade foi moi interesante, atractiva e divertida para tod@s e xa estamos agardando ao vindeiro xoves para ver aos nenos e nenas de 6º de Infantil amosando os seus proxectos de ciencia. Podedes ver fotos da actividade.      O NOSO EQUIPO DO DÍA DA CIENCIA NA RÚA  EXPERIMENTANDO E DIVULGANDO    

A CIENCIA EN CULLEREDO: JUAN LEMBEYE

Imaxe
Vimos de inaugurar no colexio unha exposición dedicada a Juan Lembeye, que foi un científico moi importante de Culleredo. Esta exposición pretende ser unha sinxela homenaxe á súa figura, que foi tan importante no noso concello que chegou a ser alcalde. Amosamos fotos da exposición e do traballo.  JUAN LEMBEYE  A EXPOSICIÓN-HOMENAXE NO CENTRO  AVES ESTUDADAS E CATALOGADAS POR JUAN LEMBEYE EN CUBA  SELO DE CORREOS DE CUBA CUNHA DAS AVES DE JUAN LEMBEYE AULA DE NATUREZA JUAN LEMBEYE NO XARDÍN BOTÁNICO CONCELLO DE CULLEREDO

FEIRA CIENTÍFICA NA FUNDACIÓN BARRIÉ

Imaxe
Os nenos e nenas de 5º e 6º de E. Primaria asistiron á Feira Científica que organizou a Fundación Barrié e na que un equipo da Facultade de Ciencias da Universidade de A Coruña prepararon varias actividades e experiencias que os nosos alumnos/as realizaron e disfrutaron intensamente. Agradecemos á Fundación Barrié e á Facultade de Ciencias da UDC a súa invitación a participar e quedamos encantados e con ganas de volver. Vemos algunhas fotos aquí e todas no apartado Galería da web do colexio.  

UN ESCORNABOT EN EXIPTO

Imaxe
Os nenos e nenas de 3º de E. Primaria fixeron un xogo co escornabot relacionado co tema do colexio deste ano: a civilización exipcia. Temos un taboleiro de xogo, unha tarxetas con instrucións e un escornabot. Vemos algunhas fotos da actividade:     No seguinte vídeo podemos ver o resultado.  

EXPERIMENTO VOLCÁN

Imaxe
Carla e Nuria de 6º de E. Primaria van amosar, no seguinte vídeo o funcionamento dun volcán.

XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Desde o mes de abril, imos dedicar os xoves, no recreo e no plan lector, á ciencia. Os nenos e nenas de todos os cursos de Infantil e Primaria amosarán aos seus compañeiros e compañeiras os seus traballos relacionados co ámbito científico. Para iso, instalamos unha pérgola na entrada do colexio e elaboramos un calendario de actuacións, como podedes ver nas seguintes fotos. As familias teredes a oportunidade de ver todo isto na vindeira Feira de Ciencia, que imos celebrar o xoves, 20 de xuño, no colexio.