Publicacións

6º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Hoxe celebramos o noso sexto xoves de ciencia (xa pasamos da metade), no que os protagonistas foron os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria. As actividades que elixiron foron: a area que non molla e unha momia saudable . Podedes ver fotos do evento a continuación.              

ENTREVISTA DÍA DA CIENCIA NA RÚA

Imaxe
Como xa comentaramos na entrada anterior da nosa participación na XXIV Edición do Día da Ciencia na Rúa, o sábado, 4 de maio, CUAC FM fíxonos unha entrevista a un mestre e catro alumnos/as do noso centro para explicar os experimentos que presentamos a este evento e, de paso, outras actividades nas que participamos.   Podedes escoitar a entrevista no audio de abaixo.

5º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
O xoves, 9 de maio, celebramos o 5º Xoves de Ciencia. Foi a quenda dos nenos e nenas de 1º de Educación Primaria. No recreo amosáronlle aos seus compañeiros e compañeiras dos outros cursos de Primaria os seus experimentos: a auga que non cae e o leite e os colorantes. Posteriormente, no plan lector, foi a quenda de amosarlles os experimentos aos nenos e nenas de Educación Infantil. E agora fotos.              

O NOSO COLEXIO NO DÍA DA CIENCIA NA RÚA

Imaxe
O sábado, 4 de maio, participamos por primeira vez no Día da Ciencia na Rúa, no parque de Santa Margarida en A Coruña. Foi unha experiencia inesquecible. Agradecemos ás familias e aos mestres e mestres que colaboraron na preparación e recollida do noso stand e, especialmente, aos nenos e nenas participantes na xornada, tanto os que viñeron a visitarnos coma, especialmente, aos e as que estiveron alí todo o día explicando as catro experiencias que levamos: Taller de momificación. Piano de froitas. Circuíto eléctrico "exipcio". Luz e cor na vestimenta exipcia. Tamén, un dos mestres e catro alumnos e alumnas fomos entrevistados en CUAC FM nesta xornada. Cando teñamos o podcast publicarémolo aquí e no blog da radio. E agora, fotos.