Publicacións

SEMANA STEM - DÍA 2 - XOGOS MATEMÁTICOS

Imaxe
O luns, 4 de novembro, foi o segundo día. Tocou a quenda de xogos matemáticos e trivial científico.         E pola noite CASINO matemático.      

SEMANA STEM - DÍA 1 - CHEGAMOS A OS PEARES

Imaxe
O domingo, 3 de novembro, 25 nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo e un mestre chegamos a Os Peares para participar na Semana STEM. Saímos no autobús do centro. Á chegada fixemos o control de datos, a distribución das habitacións e un percorrido polas instalacións. Logo fomos cear e chegou o momento da velada coa music box. As familias dos nenos e nenas que asistides á Semana STEM podedes ver máis fotos que foron sacando os monitores/as na web da actividade coa clave que se vos facilitou no folleto informativo (hai acceso directo facendo clic AQUÍ )  

COMPOSTAXE

Imaxe
O noso centro foi seleccionado para participar nun proxecto de compostaxe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. A Conselleira, dona Ángeles Vázquez, veu inaugurar  esta iniciativa no noso centro para aproveitar os residuos orgánicos das merendas e do comedor e convertelos en compost para utilizar no noso horto escolar. O centro disporá de composteiros e material de elaboración, e terá cursos de iniciación para o alumnado. Posteriormente a Conselleira foi entrevistada na radio escolar do centro por un grupo de catro alumnos e alumnas. A web da Xunta e Facebook xa se fixeron eco da nova. Web da Xunta. Facebook . Poden verse as fotos do acto.    

SEMANA STEM

Imaxe
O noso centro foi seleccionado para participar na Semana STEM. Esta actividade consiste na participación dun grupo de alumnos e alumnas de cada escola (o número máximo é de 25 por colexio e ao noso centro adxudicáronlle o número máximo de prazas) nunha semana de campamento no que realizarán actividades relacionadas coa ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas. Despois do proceso de selección haberá 25 nenos e nenas do noso colexio que realizarán esta actividade entre o 3 e o 9 de novembro en Os Peares. Participarán en diversas experiencias científicas relacionadas coa robótica, enerxías renovables, xogos matemáticos, efecto invernadoiro, etc.  

PENSA EN VERDE POLO CLIMA

Imaxe
Hoxe martes, 24 de setembro, o profesorado, alumnado e persoal non docente do noso colexio, en solidaridade coa Semana do Clima e para concienciarnos da importancia do coidado do noso planeta e a influencia que está a ter o cambio climático no noso mundo, trouxemos unha camiseta verde para lembrar a importancia deste día. Ademais, nas clases tamén se falou deste tema tan esencial para a vida neste planeta (xa que non temos outro de momento). Agora unhas fotos da xornada.      

O CEIP PLURILINGÜE RÍA DO BURGO NA OPEN SCIENCE DE CAMBRE

Imaxe
O sábado, 21 de setembro, un grupo de nenos e nenas do Club de Ciencia do noso colexio participaron na Open Science de Cambre. O tema que levamos para esta actividade foi "A Ciencia en Exipto" e presentamos tres actividades: Taller de momificación. Circuíto eléctrico exipcio. A luz de Exipto (bobina de Tesla). Foi unha xornada de diversión e aprendizaxe na que, ademáis de presentar ao público o traballo que fixemos ao longo do curso pasado, estivemos a ver e participar das experiencias doutros centros e institucións. Agora veredes unha pequena escolma de fotos.

SEMANA DO CLIMA

Imaxe
Do 20 ao 27 de setembro celébrase a Semana do Clima. Esta actividade debe servir para concienciarnos da importacia do coidado e respecto polo noso planeta (xa que é o único que temos ata o de agora). Desde o Club de Ciencia animamos a toda a comunidade educativa a participar nas diferentes iniciativas desta semana e a tomar conciencia da importancia da reciclaxe e o coidado do noso entorno. O cambio climático é un feito que estamos a ver a diario e a nosa contribución, por pequena que sexa, axudará. O martes, 24 de setembro, promovemos desde o Club de Ciencia que asistades ao centro cunha camiseta verde para destacar a importancia do coidado do planeta e o importante que é o clima para as nosas vidas.