Publicacións

2º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Chegou o segundo Xoves de Ciencia e foi a quenda do alumnado de 5º de Educación Primaria. Fixeron varias experiencias: O mofo do pan. Clepsidra. Creamos Xeodas.  Se facedes clic AQUÍ podedes ver as experiencias realizadas.  

XOVES DE CIENCIA 2021-22 (1º XOVES DE CIENCIA)

Imaxe
O xoves, 21 de abril, comezou a nova edición dos Xoves de Ciencia do curso 2021-22. Ao igual que nas edicións anteriores, o alumnado de todos os cursos de Educación Infantil e Primaria estiveron preparando os seus vídeos coas actividades e experimentos que realizaron nos meses anteriores. Facendo clic AQUÍ podedes ver os vídeos que fixeron os nenos e nenas de 6º de Primaria, que inauguran a edición deste ano.  

8 DE MARZO - EXPOSICIÓNS

Imaxe
Para celebrar o Día da Muller, ao longo destes días do mes de marzo, o centro está a facer varias exposicións sobre mulleres importantes en varios eidos (ciencia, deporte, sociedade, ...). Podedes ver varias fotos das exposicións a continuación.        

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA (II)

Imaxe
O 11 de febreiro celebramos o Día da Muller e da Nena na Ciencia. Para conmemorar esta celebración no colexio houbo varias clases que fixeron actividades do eido científico. A continuación podedes ver varias fotos.