O Club de Ciencia estivo a organizar uns obradoiros de software libre e programación para o noso alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria. A continuación podedes ver unha escolma de fotos das xornadas:
O espazo maker da biblioteca continúa a traballar, en colaboración co Club de Ciencia, realizando diversos obradoiros: nesta ocasión traballaron a realidade aumentada. Mediante xogos e actividades o noso alumnado está tratando de coñecer e descubrir a realidade aumentada. Podedes ver algunhas fotos a continuación: