Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

ROBOTS GARABATEADORES

Imaxe
Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria visitaron o Espazo Maker da Domus no mes de novembro (o día 21 foi 6ºA e o 26 foi 6ºB) para realizar unha actividade de ciencia chamada "Robots garabateadores". Nela, cun motor, rotuladores, un vaso de café, pilas, ... (unidos á creatividade de cada un e unha, que é moita), fixeron unha actividade lúdica, formativa e enriquecedora sobre a creación dun robot sinxelo con materiais sinxelos. Nas fotos podedes ver o traballo que foron facendo.                           

CREANDO NUBES

Imaxe
Javier, de 6º de Educación Primaria, vainos amosar, no seguinte experimento, como facer nubes utilizando materiais sinxelos.

DESEÑO E IMPRESIÓN 3D

Imaxe
O luns, 11 de novembro, os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria visitaron á Fundación Barrié para realizar a actividade "Deseño e impresión 3D", na que traballaron con impresoras 3D e realizaron proxectos de deseño de diferentes prototipos. Estas actividades están dirixidas desde o Club de Ciencia, como estratexia para que o noso alumnado descubra a ciencia e o método científico con diferentes actuacións e actividades que, de xeito máis lúdico e participativo, permitan o coñecemento e aplicación das súas competencias no eido da ciencia.                            

E Á TERCEIRA FOI A VENCIDA

Imaxe
O noso centro mercou, a mediados do curso pasado, unha incubadora. Con este proxecto pretendemos que os nenos e nenas vexan a miragre da vida a través do proceso que leva a un ovo a converterse nun pitiño. Aínda que comezamos con moito entusiasmo, as dúas primeiras tentativas non tiveron éxito. Isto non foi malo porque tamén nos serviu para ver e comprender que non sempre sae todo á primeira e que a ciencia está chea de éxitos pero tamén de fracasos (unha parte do método científico e a investigación están fundamentados no ensaio e o erro). Hai tres semanas fixemos unha nova tentativa e, por fin, houbo éxito. Dende a madrugada do 10 ao 11 de novembro o centro conta con seis novos compoñentes que naceron na incubadora. Despois de saír da incubadora xa están instalados nun lugar máis apropiado para a súa crianza, con comida, bebida e calor.  

SEMANA STEM - DÍA 6 - DESPEDIDA

Imaxe
O venres, 8 de novembro, foi o último día completo da actividade. Pola mañán remataron os obradoiros que foron facendo de xeito rotativo ao longo da semana. Na hora da tarde prepararon e presentaron aos demais compañeiros e compañeiras proxectos de ciencia (moi orixinais). Xa na velada da noite despedímonos con sesión de discoteca. O sábado, 9 de novembro, foi día de revisar en grupo as fotos de toda a semana e despedirnos dos nenos e nenas do CEIP Raíña Fabiola de Santiago, cos que compartimos semana. Subimos ao autobús e chegamos ao colexio para reencontrarnos coas familias.