E Á TERCEIRA FOI A VENCIDA
O noso centro mercou, a mediados do curso pasado, unha incubadora. Con este proxecto pretendemos que os nenos e nenas vexan a miragre da vida a través do proceso que leva a un ovo a converterse nun pitiño. Aínda que comezamos con moito entusiasmo, as dúas primeiras tentativas non tiveron éxito. Isto non foi malo porque tamén nos serviu para ver e comprender que non sempre sae todo á primeira e que a ciencia está chea de éxitos pero tamén de fracasos (unha parte do método científico e a investigación están fundamentados no ensaio e o erro).
Hai tres semanas fixemos unha nova tentativa e, por fin, houbo éxito. Dende a madrugada do 10 ao 11 de novembro o centro conta con seis novos compoñentes que naceron na incubadora.
Despois de saír da incubadora xa están instalados nun lugar máis apropiado para a súa crianza, con comida, bebida e calor.
Comentarios
Publicar un comentario