Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2019

PENSA EN VERDE POLO CLIMA

Imaxe
Hoxe martes, 24 de setembro, o profesorado, alumnado e persoal non docente do noso colexio, en solidaridade coa Semana do Clima e para concienciarnos da importancia do coidado do noso planeta e a influencia que está a ter o cambio climático no noso mundo, trouxemos unha camiseta verde para lembrar a importancia deste día. Ademais, nas clases tamén se falou deste tema tan esencial para a vida neste planeta (xa que non temos outro de momento). Agora unhas fotos da xornada.      

O CEIP PLURILINGÜE RÍA DO BURGO NA OPEN SCIENCE DE CAMBRE

Imaxe
O sábado, 21 de setembro, un grupo de nenos e nenas do Club de Ciencia do noso colexio participaron na Open Science de Cambre. O tema que levamos para esta actividade foi "A Ciencia en Exipto" e presentamos tres actividades: Taller de momificación. Circuíto eléctrico exipcio. A luz de Exipto (bobina de Tesla). Foi unha xornada de diversión e aprendizaxe na que, ademáis de presentar ao público o traballo que fixemos ao longo do curso pasado, estivemos a ver e participar das experiencias doutros centros e institucións. Agora veredes unha pequena escolma de fotos.

SEMANA DO CLIMA

Imaxe
Do 20 ao 27 de setembro celébrase a Semana do Clima. Esta actividade debe servir para concienciarnos da importacia do coidado e respecto polo noso planeta (xa que é o único que temos ata o de agora). Desde o Club de Ciencia animamos a toda a comunidade educativa a participar nas diferentes iniciativas desta semana e a tomar conciencia da importancia da reciclaxe e o coidado do noso entorno. O cambio climático é un feito que estamos a ver a diario e a nosa contribución, por pequena que sexa, axudará. O martes, 24 de setembro, promovemos desde o Club de Ciencia que asistades ao centro cunha camiseta verde para destacar a importancia do coidado do planeta e o importante que é o clima para as nosas vidas.

OPEN SCIENCE DE CAMBRE

Imaxe
O noso centro foi invitado a participar na Open Science de Cambre, que terá lugar os días 21 e 22 de setembro. Participaremos o sábado 21 en horario de 12 a 20 horas (estaremos no stand 32) co tema da Ciencia en Exipto. É moi recomendable esta actividade xa que participan centros a nivel nacional e internacional. VÉMONOS ALÍ.

BENVID@S AO CURSO 2019-20

Ola a tod@s. Iniciamos un novo curso no noso Club de Ciencia (o segundo xa) ilusionad@s e satisfeit@s con todo o traballo realizado no curso anterior e con máis ganas de traballar no novo curso que comeza. Iremos propoñendo novas ideas e iniciativas, animaremos a máis nenos e nenas a que se unan ao Club, estaremos atent@s ao tema que propoña a Biblioteca do cole para facer algunha actividades con eles/as e tamén promoveremos traballo de ciencia para todo o colexio (xa estamos a preparar os xoves de ciencia e a nosa participación, coma o ano pasado no Día da Ciencia na Rúa). Ademais, despois do éxito da nosa I Feira de Ciencia estamos a traballar para levar a cabo a segunda. Promete ser un curso emocionante. COMEZAMOS.