BENVID@S AO CURSO 2019-20

Ola a tod@s.
Iniciamos un novo curso no noso Club de Ciencia (o segundo xa) ilusionad@s e satisfeit@s con todo o traballo realizado no curso anterior e con máis ganas de traballar no novo curso que comeza. Iremos propoñendo novas ideas e iniciativas, animaremos a máis nenos e nenas a que se unan ao Club, estaremos atent@s ao tema que propoña a Biblioteca do cole para facer algunha actividades con eles/as e tamén promoveremos traballo de ciencia para todo o colexio (xa estamos a preparar os xoves de ciencia e a nosa participación, coma o ano pasado no Día da Ciencia na Rúa). Ademais, despois do éxito da nosa I Feira de Ciencia estamos a traballar para levar a cabo a segunda. Promete ser un curso emocionante. COMEZAMOS.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONCURSO DE CIENCIA

CULLERCIENCIA 2023

CONCURSO DE CIENCIA - GAÑADORES/AS