Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2021

OPEN SCIENCE DE CAMBRE

Imaxe
A Open Science de Cambre celebrouse os días 18 e 19 de setembro. O noso centro estivo representado por alumnado de 6º de Primaria que presentaron o traballo que realizaron co CEIDA sobre as Pradeiras Mariñas e a importancia da súa conservación. Foron unhas xornadas de coñecemento e intercambio moi positivas e que supuxeron unha volta á presencialidade que tanto estabamos a botar de menos. A continuación podemos ver unha fotos da xornada:  

NOVO CURSO, NOVAS ILUSIÓNS

Comezamos un novo curso do Club de Ciencia do noso colexio (o cuarto xa) e, agora que comeza a haber un pouco máis de normalidade que no curso anterior, queremos volver a facer algunhas actividades presenciais. Este ano seguiremos a facer os Xoves de Ciencia on-line para todos os membros da comunidade educativa pero trataremos de dar un paso máis participando en actividades externas (Open Science de Cambre e Día da Ciencia na Rúa) e tamén do propio centro (a Feira de Ciencia do cole será presencial, se todo vai indo ben), ademais doutras actividades que vaian xurdindo ao longo do curso. COMEZAMOS ...