OPEN SCIENCE DE CAMBRE
A Open Science de Cambre celebrouse os días 18 e 19 de setembro. O noso centro estivo representado por alumnado de 6º de Primaria que presentaron o traballo que realizaron co CEIDA sobre as Pradeiras Mariñas e a importancia da súa conservación. Foron unhas xornadas de coñecemento e intercambio moi positivas e que supuxeron unha volta á presencialidade que tanto estabamos a botar de menos. A continuación podemos ver unha fotos da xornada:
Comentarios
Publicar un comentario