IV FEIRA DE CIENCIA

Xa está en marcha a IV Edición da Feira de Ciencia. Neste ano será o sábado, 18 de xuño, en horario de 11:00 a 20:00 na explanada do Paseo Marítimo do Burgo. Neste curso contamos coa colaboración do Concello de Culleredo na realización da Feira. Teremos varios ambientes:

  • Centros educativos. Da zona e algún do resto de España.
  • Entidades e organizacións de alumnado con necesidades educativas especiais.
  • Entidades e organizacións relacionadas coa Ciencia (Universidade, Museos Científicos, ...).
  • Charlas con científicas.
  • Zona de Ciencia lúdica.

Contamos coa vosa participación e, en vindeiras xornadas, iremos dando máis información sobre o acontecemento.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONCURSO DE CIENCIA

CULLERCIENCIA 2023

CONCURSO DE CIENCIA - GAÑADORES/AS