Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2022

PROGRAMA DE FOMENTO DAS VOCACIÓNS CIENTÍFICO-TECNOLÓXICAS

Imaxe
O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación organizou, o martes 18 de outubro, unha nova actividade no marco de D’tec, o programa para o fomento das vocacións científico-tecnolóxicas. Desde o CIS Tecnoloxía e Deseño brindouse ao alumnado de 6º de Educación Primaria a oportunidade de descubrir a importancia da innovación, o deseño e as tecnoloxías, na súa sede de Ferrol O alumnado participou en dous obradoiros complementarios: Obradoiro “Materiais innovadores” Neste obradoiro os participantes mergulláronse no mundo dos novos materias, descubrindo como se estudan os materiais e levando a cabo diferentes experimentos con materiais con propiedades sorprendentes. O obradoiro tivo un carácter emintemente práctico, e ten como despertar entre o alumnado o interese pola Ciencia e a Tecnoloxía. Obradoiro “Somos deseñadoras/es..espaciais” O alumnado iniciouse no deseño industrial a través dunha actividade dramatizada na que foron os deseñadores da Axencia Espacial de