PROGRAMA DE FOMENTO DAS VOCACIÓNS CIENTÍFICO-TECNOLÓXICAS

O CIS Tecnoloxía e Deseño da Axencia Galega de Innovación organizou, o martes 18 de outubro, unha nova actividade no marco de D’tec, o programa para o fomento das vocacións científico-tecnolóxicas.

Desde o CIS Tecnoloxía e Deseño brindouse ao alumnado de 6º de Educación Primaria a oportunidade de descubrir a importancia da innovación, o deseño e as tecnoloxías, na súa sede de Ferrol

O alumnado participou en dous obradoiros complementarios:

Obradoiro “Materiais innovadores”

Neste obradoiro os participantes mergulláronse no mundo dos novos materias, descubrindo como se estudan os materiais e levando a cabo diferentes experimentos con materiais con propiedades sorprendentes. O obradoiro tivo un carácter emintemente práctico, e ten como despertar entre o alumnado o interese pola Ciencia e a Tecnoloxía.

Obradoiro “Somos deseñadoras/es..espaciais”

O alumnado iniciouse no deseño industrial a través dunha actividade dramatizada na que foron os deseñadores da Axencia Espacial de “Ferrol Terra”. A súa misión foi deseñar un sistema de aterraxe para un módulo espacial. Para superar o reto, un ovo – astronauta tiña que tomar terra sen romper despois dunha caída de cinco metros.

Podedes ver unha selección de fotos da actividade a continuación:




















































 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONCURSO DE CIENCIA

ANUNCIO CULLERCIENCIA

CONCURSO DE CIENCIA - GAÑADORES/AS