Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2023

6º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Chegamos ao 6º Xoves de Ciencia co alumnado de 1º de Educación Primaria do noso colexio, o alumnado de Educación Infantil do CEIP Federico García Lorca de Las Palmas de Gran Canaria. Facendo clic AQUÍ podedes ver os diferentes vídeos das actividades que estamos a desenvolver nos tres centros educativos (pulsando na pestana de cada curso e/ou centro).  

5º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
O alumnado de 2ºA de Educación Primaria participou na 5ª xornada dos Xoves de Ciencia, presentando os seus experimentos. Podedes ver o seu traballo no enlace que atoparedes facendo clic AQUÍ .  

DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2023

Imaxe
O sábado, 6 de maio, entre as 11:00 e as 19:00 horas, tivo lugar, no Parque de Santa Margarida, en A Coruña, unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa. O noso centro participou, un ano máis, nesta actividade. Estivemos situados na tenda nº11. O alumnado voluntario de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria presentou diversas experiencias (as gañadoras do Concurso de Ciencia do colexio) e, en colaboración co Espazo Maker da nosa Biblioteca escolar, obradoiros de Ciencia (magnetismo, realidade aumentadas, etc). Podedes ver unha escolma de fotos no apartado GALERÍA da web ou ben facendo clic AQUÍ . Tamén é posible ver a entrevista que nos fixeron a mestres/as e alumnas en CUAC FM    

4º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Comezou o mes de maio e, con el, chegamos ao 4º Xoves de Ciencia, que foi levado a cabo polo alumnado e profesorado de 3º de Educación Primaria do centro. Podedes ver a continuación unha escolma de fotos facendo clic AQUÍ .  

3º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
E, rematando abril, chega o 3º Xoves de Ciencia, protagonizado polos nenos e nenas de 4º de Educación Primaria, que nos muestran una parte de los experimentos que realizaron ao longo do curso (podedes velos facendo clic AQUÍ ).  

2º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
Chegou o segundo Xoves de Ciencia (o 20 de abril) e foi a quenda do alumnado de 5º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo. Fixeron varias experiencias relacionadas coa robótica, o software libre e a realidade aumentada. Se facedes clic AQUÍ podedes ver as experiencias realizadas.  

1º XOVES DE CIENCIA

Imaxe
O 13 de abril comezamos os Xoves de Ciencias correspondentes ao curso 2022-23. O alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo de Culleredo (A Coruña) móstranos os seus vídeos de Ciencia desta edición. Podes velos premendo AQUÍ . Esperamos que vos gusten.