DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2023
O sábado, 6 de maio, entre as 11:00 e as 19:00 horas, tivo lugar, no Parque de Santa Margarida, en A Coruña, unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa. O noso centro participou, un ano máis, nesta actividade. Estivemos situados na tenda nº11. O alumnado voluntario de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria presentou diversas experiencias (as gañadoras do Concurso de Ciencia do colexio) e, en colaboración co Espazo Maker da nosa Biblioteca escolar, obradoiros de Ciencia (magnetismo, realidade aumentadas, etc). Podedes ver unha escolma de fotos no apartado GALERÍA da web ou ben facendo clic AQUÍ. Tamén é posible ver a entrevista que nos fixeron a mestres/as e alumnas en CUAC FM
Comentarios
Publicar un comentario