9º XOVES DE CIENCIA
Rematamos a nosa aventura, por este curso, dos Xoves de Ciencia coa proxección das actividades realizadas polo noso alumnado de 4º de Educación Infantil e polo alumnado do CEIP Federico García Lorca, de Las Palmas de Gran Canaria e do IES Severo Ochoa de San Juan de Aznalfarache (Sevilla). Un ano máis, foi unha experiencia enriquecedora, pedagóxica e divertida poder realizar actividades de Ciencia en todas as idades e niveis do centro, e ademáis viuse fornecida pola colaboración nesta iniciativa doutos tres centros educativos de toda España, aos que agradecemos enormemente a súa colaboración e implicación no proxecto común de "Agrupaciones de centros educativos" que estamos a compartir:
- CEIP Andrés García Soler de Lorca (Murcia).
- CEIP Federico García Lorca de Las Palmas de Gran Canaria (Gran Canaria).
- IES Severo Ochoa de San Juan de Aznalfarache (Sevilla).
Facendo clic AQUÍ podedes ver os vídeos feitos na web habilitada para tal fin.
Comentarios
Publicar un comentario