NOVO CURSO, NOVAS ILUSIÓNS
Benvidos e benvidas ao sexto curso do noso Club de Ciencia. Ao longo deste 2023-24 iremos facendo varias actividades, entre as que destacan:
- Participación en diferentes edicións de Feiras de Ciencia (neste curso temos previsto ir ao Dïa da Ciencia na Rúa).
- Os Xoves de Ciencia, unha actividade nas que os nenos/as e mestres/as de todos os cursos e niveis do centro, amosan e divulgan ao resto de compañeiros/as os diferentes proxectos, relacionados co eido científico, que desenvolven ao longo de cada curso. Na pandemia os Xoves de Ciencia foron en web pero, neste curso, pretendemos recuperar a presencialidade e facelos nos recreos e nas aulas.
- Agrupacións de Centros Educativos. Temos un proxecto previsto para este curso e o seguinte co título "conCIENCIAdos por un mundo mejor" cos centros educativos: CEIP Andrés García Soler (Lorca-Murcia), CEIP Federico García Lorca (Las Palmas de Gran Canaria), CEIP Honduras (Madrid) e IES Néstor Almendros (Tomares-Sevilla).
- Concurso de Ciencia. Para o alumnado do centro que queira participar.
- Cullerciencia. A Feira de Ciencia que organiza o Club de Ciencia, cumpre neste curso a súa 6ª edición. Terá lugar o sábado, 8 de xuño de 2024, no Paseo Marítimo de O Burgo.
Comezamos, por tanto, un novo curso cheo de ilusión e actividades varias, que confiamos en ir ampliando.
Comentarios
Publicar un comentario