Publicacións

SEMANA DA CIENCIA 2019

Os Museos Científicos Coruñeses celebran do luns 11 ao domingo 17 de novembro sete días de portas abertas, con motivo da Semana Internacional da Ciencia 2019 . Durante esa semana a entrada será gratuita na Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. Ademais dos contidos dos tres museos, ao longo da semana haberá outras actividades, como unha  novedosa representación teatral de divulgación científica o viernes 15, actividades interactivas relacionadas coa auga e, o sábado 16, a entrega dos Prismas á Divulgación 2019. Este é o programa: - Do 11 a 17 de novembro. Portas abertas na Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, de 10 a 19 horas (o Aquarium pecha o acceso ás 18 horas). - Do 14 a 17 de novembro. Obradoiros sobre a auga: ChoivaBox é un módulo interactivo que simula a choiva e a súa almacenaxe nunha conca hidrográfica. Actividade de realidade virtual para visualizar o interior dunha instalación de tratamento de auga. Or...

SEMANA STEM - DÍA 5 - MAL TEMPO E FACTOR X

Imaxe
Chegamos ao xoves, 7 de novembro. Foi un día moi atarefado. Pola mañán tocaron os obradoiros que están a desenvolver ao longo da semana. Despois da comida houbo que preparar e presentar proxectos e, tamén, o traballo da velada da noite (hoxe tocou Factor XE). Xa queda moi pouco para rematar e estamos achegándonos ao final da Semana STEM. Mañán será día de presentación de proxectos e actividades e despedida.        

SEMANA STEM - DÍA 4 - XA PASAMOS O ECUADOR

Imaxe
Estamos xa na recta final da Semana Stem e os nenos e nenas do centro están a facer moitas actividades: Pola mañán continuaron cos obradoiros que comezaron onte rotando (os que onte estaban nunha actividade hoxe pasaron á seguinte). Despois da comida tocou xincana. Pola noite, despois da cea, na velada, tiveron que amosar as súas habilidades artísticas en "FUROR".       Hoxe tamén saímos na prensa. Podedes velo facendo clic AQUÍ .

SEMANA STEM - DÍA 3 - OBRADOIROS

Imaxe
Dende o martes, 5 de novembro, e ata o final da Semana STEM os nosos nenos e nenas realizarán diferentes obradoiros relacionados coa ciencia e a tecnoloxía. Cada día fan un e van rotando o resto dos días. Os obradoiros son: Robótica Microbit Makey Makey Pegada ecolóxica e efecto invernadoiro                         Pola tarde tocou visita ás Termas de Outariz   E na velada da noite houbo sesión de cine

SEMANA STEM - DÍA 2 - XOGOS MATEMÁTICOS

Imaxe
O luns, 4 de novembro, foi o segundo día. Tocou a quenda de xogos matemáticos e trivial científico.         E pola noite CASINO matemático.      

SEMANA STEM - DÍA 1 - CHEGAMOS A OS PEARES

Imaxe
O domingo, 3 de novembro, 25 nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo e un mestre chegamos a Os Peares para participar na Semana STEM. Saímos no autobús do centro. Á chegada fixemos o control de datos, a distribución das habitacións e un percorrido polas instalacións. Logo fomos cear e chegou o momento da velada coa music box. As familias dos nenos e nenas que asistides á Semana STEM podedes ver máis fotos que foron sacando os monitores/as na web da actividade coa clave que se vos facilitou no folleto informativo (hai acceso directo facendo clic AQUÍ )