SEMANA DA CIENCIA 2019
Os
Museos Científicos Coruñeses celebran do luns 11 ao domingo 17 de
novembro sete días de portas abertas, con motivo da Semana
Internacional da Ciencia 2019. Durante esa semana a entrada será
gratuita na Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae.
Ademais dos contidos dos tres museos, ao longo da semana
haberá outras actividades, como unha novedosa representación teatral de
divulgación científica o viernes 15, actividades interactivas
relacionadas coa auga e, o sábado 16, a entrega dos Prismas á
Divulgación 2019.
Este é o programa:
- Do 11 a 17 de novembro. Portas abertas na
Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, de 10 a 19
horas (o Aquarium pecha o acceso ás 18 horas).
- Do 14 a 17 de novembro. Obradoiros sobre a auga:
ChoivaBox é un módulo interactivo que simula a choiva e a súa almacenaxe nunha conca hidrográfica. Actividade de realidade virtual para
visualizar o interior dunha instalación de tratamento de auga.
Organizado pola Cátedra Emalcsa-UDC e Emalcsa. Na Domus, no seu Laboratorio Aberto, en horario de 16 a 19 horas.
- Venres 15 de novembro. Representación teatral El enigma Agustina.
Terá lugar no auditorio do centro Ágora o 15 de novembro ás
20 horas, con entrada libre asa completar a capacidade. A obra fuoipremiada co Prisma Casa das Ciencias á Divulgación 2019 na
modalidade de mellor proxecto singular.
- Sábado 16 de novembro. Actos de entrega dos XXXII Prismas Casa das Ciencias á Divulgación.
- 11.00 horas, na Domus. Presentación dos traballos gañadores dos Prismas 2019. Entrada libre.
- 13.00 horas, no salón de plenos do Concello de A Coruña. Entrega dos Prismas 2019.
Comentarios
Publicar un comentario