Publicacións

2º XOVES DE CIENCIA

Dende o xoves, 29 de abril, xa tedes á vosa disposición facendo clic AQUÍ a segunda xornada dos Xoves de Ciencia. Nesta ocasión, o alumnado de 2º de Educación Primaria amósanos as súas experiencias. Esperamos que vos guste.

1º XOVES DE CIENCIA

Dende o xoves, 22 de abril, comeza unha nova edición dos Xoves de Ciencia (xa é a terceira), promovida polo Club de Ciencia do centro. Nas edicións anteriores tiña lugar nos recreos pero este curso, por protocolo Covid, será de xeito virtual. Cada xoves un curso amosará a toda a comunidade educativa diferentes experiencias relacionadas co eido científico. O xoves 22 comeza 6º de E. Primaria e hai unha morea de vídeos con diferentes experiencias. Poden verse as súas actividades no enlace https://conexionconvivencia.wixsite.com/clubdeciencia  

DESCUBRINDO E VISITANDO PRADEIRAS MARINAS

Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria do noso centro realizaron o mércores, 3 de marzo, unha visita á pradeira marina da Praia de Santa Cristina en colaboración co CEIDA. Realizaron diferentes actividades para ver os seres vivos que a habitan, a súa extensión usando un GPS, os beneficios que aporta, etc. É destacable que esta pradeira foi descuberta recentemente e que non figura do mapa das pradeiras marinas de España polo que, cando se faga o dragado da Ría do Burgo, corre perigo de desaparecer. O CEIDA pretende mapealo e incluílo na listaxe de pradeiras para a súa conservación. Toda a información da actividade nos seguintes enlaces: Noticia da visita na Voz de Galicia. Noticia da visita na Opinión de A Coruña. Noticia do descubrimento da pradeira na Opinión de A Coruña.

DÍA DE ROSALÍA

Imaxe
O 24 de febreiro celebramos na nosa terra o Día de Rosalía. A nosa autora máis universal ten unha estrela no firmamento, dende a Agrupación Astronómica Ío emprestáronnos un panel informativo no que se describe a situación e historia que arrodea a esta estrela.  

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Imaxe
O 11 de febreiro celebráse, dende o ano 2015, o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este xoves volve conmemorarse de novo este día, para destacar e reivindicar a presenza e importancia das mulleres e as nenas no eido científico. A Universidade de Vigo ( concretamente as profesoras e investigadoras do Campus de Ourense ) ofrece unha exposición virtual (que pode verse facendo clic AQUÍ ) sobre a importancia das mulleres na Ciencia, para poñer en valor a súa aportación neste campo. A Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Universidade da Coruña quere celebrar e compartir convosco o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia que pode verse a continuación.  

SEMANA DA CIENCIA E DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Novembro é un mes moi importante no eido da Ciencia. Entre o 9 e o 15 de novembro celébrase en toda España a Semana da Ciencia (tan esencial nestes tempos) e, ao longo do mes de novembro, estase a celebrar a XI Edición do Día da Ciencia en Galego. Nos seguintes enlaces podedes ver tres webs significativas que falan deste feito, a nivel nacional, autonómico e local. CSIC XI Día da Ciencia en Galego Museos Científicos Coruñeses

UN NOVO CURSO

 Saúdos a todos e todas. Comezamos un novo curso con moitas incertidumes, debidas á pandemia, e o Club de Ciencia non é alleo a elas. Por iso, neste curso, inicialmente, imos centrarnos en dúas actividades de xeito especial: Os Xoves de Ciencia. Continuaremos a celebrar os Xoves de Ciencia (aínda que de xeito virtual). Ata o mes de marzo cada clase elaborará, deseñará e fará unha gravación dunha actividade relacionada co eido científico. Cando as actividades estean listas serán amosadas virtualmente ao resto dos compañeiros/as do centro dende o primeiro xoves de marzo por quendas. A Feira de Ciencia. O curso pasado non puidemos celebrar presencialmente a II Edición da nosa Feira de Ciencia. Por iso, neste curso ímola preparar tamén de xeito virtual. Crearemos un espazo web onde as familias, alumnado e o resto da comunidade educativa poidamos ver tanto as actividades de ciencia que desenvolve o noso alumnado, coma as aportacións que fagan as entidades que colaboren con nós nesta fei...