UN NOVO CURSO

 Saúdos a todos e todas.

Comezamos un novo curso con moitas incertidumes, debidas á pandemia, e o Club de Ciencia non é alleo a elas. Por iso, neste curso, inicialmente, imos centrarnos en dúas actividades de xeito especial:

  • Os Xoves de Ciencia. Continuaremos a celebrar os Xoves de Ciencia (aínda que de xeito virtual). Ata o mes de marzo cada clase elaborará, deseñará e fará unha gravación dunha actividade relacionada co eido científico. Cando as actividades estean listas serán amosadas virtualmente ao resto dos compañeiros/as do centro dende o primeiro xoves de marzo por quendas.
  • A Feira de Ciencia. O curso pasado non puidemos celebrar presencialmente a II Edición da nosa Feira de Ciencia. Por iso, neste curso ímola preparar tamén de xeito virtual. Crearemos un espazo web onde as familias, alumnado e o resto da comunidade educativa poidamos ver tanto as actividades de ciencia que desenvolve o noso alumnado, coma as aportacións que fagan as entidades que colaboren con nós nesta feira.
Un saúdo, moito ánimo para tod@s e bo curso.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONCURSO DE CIENCIA

ANUNCIO CULLERCIENCIA

CONCURSO DE CIENCIA - GAÑADORES/AS