Publicacións

CONCURSO DE CIENCIA

Imaxe
Ao longo do mes de novembro celebramos no centro a primeira edición do Concurso de Ciencia. O alumnado realizou diversos experimentos e actividades diante dun xurado de profes do centro. O veredicto do xurado foi complicado polo nivel amosado. Podedes ver as fotos a continuación. Primeiro Premio: Aroa, Noa e Sofía (5ºB). Segundo Premio: Vera e Aroa (5ºA) Terceiro Premio: Julia, Silvia e Sara (5ºA).

XII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Imaxe
Ao longo do mes de novembro celebramos a XII Edición do Día da Ciencia en Galego. Celebramos o ano da economía creativa para o desenvolvemento sostible, a IA e os novos poliedros e os científicos homenaxeados son Alan Turing e Tarsy Carballal.  

PROGRAMA DIANA. PROGRAMACIÓN CREATIVA EN IGUALDADE.

Imaxe
O alumnado de 6º de Educación Primaria participou os días 19 e 20 de outubro nunha actividade do Programa Diana chamada "Programación creativa en igualdade". Neste obradoiro realizaron actividades sobre programación e realidade aumentada. Podedes ver algunha foto a continuación.  

OPEN SCIENCE DE CAMBRE

Imaxe
A Open Science de Cambre celebrouse os días 18 e 19 de setembro. O noso centro estivo representado por alumnado de 6º de Primaria que presentaron o traballo que realizaron co CEIDA sobre as Pradeiras Mariñas e a importancia da súa conservación. Foron unhas xornadas de coñecemento e intercambio moi positivas e que supuxeron unha volta á presencialidade que tanto estabamos a botar de menos. A continuación podemos ver unha fotos da xornada:  

NOVO CURSO, NOVAS ILUSIÓNS

Comezamos un novo curso do Club de Ciencia do noso colexio (o cuarto xa) e, agora que comeza a haber un pouco máis de normalidade que no curso anterior, queremos volver a facer algunhas actividades presenciais. Este ano seguiremos a facer os Xoves de Ciencia on-line para todos os membros da comunidade educativa pero trataremos de dar un paso máis participando en actividades externas (Open Science de Cambre e Día da Ciencia na Rúa) e tamén do propio centro (a Feira de Ciencia do cole será presencial, se todo vai indo ben), ademais doutras actividades que vaian xurdindo ao longo do curso. COMEZAMOS ...

FEIRA DE CIENCIA

Imaxe
E, por fin, chegou o día da inauguración da nosa Feira de Ciencia. Se facedes clic AQU Í podedes acceder á páxina do Club de Ciencia. No apartado Feira de Ciencia poderedes realizar un tour virtual polo centro e así, en cada clase, poderedes ver os experimentos de cada aula e, na zona de pasillos e corredores, as experiencias das entidades colaboradoras. Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación.  

9º XOVES DE CIENCIA

Chegamos ao noveno e último Xoves de Ciencia deste curso. Neste caso é a quenda do alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos). Os nenos e nenas (coas mestras Iria e Aurora) amósannos facendo clic AQUÍ os seus experimentos. Grazas a todo o profesorado e alumnado do centro pola súa participación.