Publicacións

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA (II)

Imaxe
O 11 de febreiro celebramos o Día da Muller e da Nena na Ciencia. Para conmemorar esta celebración no colexio houbo varias clases que fixeron actividades do eido científico. A continuación podedes ver varias fotos.

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Cada 11 de febreiro celebráse, dende o ano 2015, o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este venres volvemos conmemorarse de novo este día, para destacar e reivindicar a presenza e importancia das mulleres e as nenas no eido científico. Poñemos á vosa disposición varios enlaces para celebrar este día tan importante e tratar de fomentar as vocacións científicas (especialmente no eido feminino). Ciencia e teatro. Vídeos e temática científica. Nacións Unidas. Unesco .

IV FEIRA DE CIENCIA

Xa está en marcha a IV Edición da Feira de Ciencia. Neste ano será o sábado, 18 de xuño, en horario de 11:00 a 20:00 na explanada do Paseo Marítimo do Burgo. Neste curso contamos coa colaboración do Concello de Culleredo na realización da Feira. Teremos varios ambientes: Centros educativos. Da zona e algún do resto de España. Entidades e organizacións de alumnado con necesidades educativas especiais. Entidades e organizacións relacionadas coa Ciencia (Universidade, Museos Científicos, ...). Charlas con científicas. Zona de Ciencia lúdica. Contamos coa vosa participación e, en vindeiras xornadas, iremos dando máis información sobre o acontecemento.

CONCURSO DE CIENCIA

Imaxe
Ao longo do mes de novembro celebramos no centro a primeira edición do Concurso de Ciencia. O alumnado realizou diversos experimentos e actividades diante dun xurado de profes do centro. O veredicto do xurado foi complicado polo nivel amosado. Podedes ver as fotos a continuación. Primeiro Premio: Aroa, Noa e Sofía (5ºB). Segundo Premio: Vera e Aroa (5ºA) Terceiro Premio: Julia, Silvia e Sara (5ºA).