Publicacións

OPEN SCIENCE DE CAMBRE

Imaxe
O alumnado de 5º e 6º de Primaria e profesorado do centro acudimos, un ano máis, á celebración da quinta edición da Open Science de Cambre, a feira de Ciencia que organiza o Club de Ciencia do IES David Buján. Nesta feira presentamos as actividades do Club de Ciencia nos Xoves de Ciencia e, como exemplos, levamos unha actividade de robótica con Lego WeDo, outra de realidade virtual cunhas gafas de RV e outra actividade de investigación sobre o mofo do pan. Podedes ver algunhas imaxes a continuación.  

O CLUB DE CIENCIA COMEZA UN NOVO CURSO

Imaxe
Benvidos e benvidas ao quinto curso do noso Club de Ciencia. Ao longo deste tempo fomos facendo varias actividades, entre as que destacan: Participación en diferentes edicións de Feiras de Ciencia (Dïa da Ciencia na Rúa e Open Science de Cambre). Os Xoves de Ciencia, unha actividade nas que os nenos/as e mestres/as de todos os cursos e niveis do centro, amosan e divulgan ao resto de compañeiros/as os diferentes proxectos, relacionados co eido científico, que desenvolven ao longo de cada curso. Na pandemia os Xoves de Ciencia foron en web pero, neste curso, pretendemos recuperar a presencialidade e facelos nos recreos e nas aulas. Agrupacións de Centros Educativos. Rematamos neste curso o proxecto "Somos una comunidad de Ciencia" cos centros educativos: CEIP Andrés García Soler (Lorca-Murcia), CEIP Federico García Lorca (Las Palmas de Gran Canaria) e IES Severo Ochoa (San Juan de Aznalfarche-Sevilla). No curso pasado os tres centros viñeron visitarnos para ver o que traballamo...

CULLERCIENCIA

Imaxe
O sábado, 18 de xuño, na explanada do Paseo Marítimo de O Burgo, tivo lugar, en horario de 11:00 a 20:00 horas, a IV Edición da Feira de Ciencia do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo, organizada polo Club de Ciencia do colexio e na que, por primeira vez, a actividade estaba enfocada a toda a comunidade educativa e ao público en xeral. Foi un día de divulgación e disfrute da Ciencia na que centros educativos e entidades relacionadas co eido da Ciencia puideron expoñer diferentes actividades, traballos, obradoiros e charlas para dar a coñecer o que se está a facer a nivel científico na nosa contorna. Tivemos, ademais, a honra de contar con tres centros educativos do resto de España (o CEIP Andrés García Soler de Lorca - Murcia -, o CEIP Federico García Lorca de Las Palmas de Gran Canaria - Gran Canaria - e o IES Severo Ochoa de San Juan de Aznalfarache - Sevilla -). Quedamos tan satisfeitos coa experiencia que xa estamos a preparar a vindeira edición.