O CLUB DE CIENCIA COMEZA UN NOVO CURSO

Benvidos e benvidas ao quinto curso do noso Club de Ciencia. Ao longo deste tempo fomos facendo varias actividades, entre as que destacan:

  • Participación en diferentes edicións de Feiras de Ciencia (Dïa da Ciencia na Rúa e Open Science de Cambre).
  • Os Xoves de Ciencia, unha actividade nas que os nenos/as e mestres/as de todos os cursos e niveis do centro, amosan e divulgan ao resto de compañeiros/as os diferentes proxectos, relacionados co eido científico, que desenvolven ao longo de cada curso. Na pandemia os Xoves de Ciencia foron en web pero, neste curso, pretendemos recuperar a presencialidade e facelos nos recreos e nas aulas.
  • Agrupacións de Centros Educativos. Rematamos neste curso o proxecto "Somos una comunidad de Ciencia" cos centros educativos: CEIP Andrés García Soler (Lorca-Murcia), CEIP Federico García Lorca (Las Palmas de Gran Canaria) e IES Severo Ochoa (San Juan de Aznalfarche-Sevilla). No curso pasado os tres centros viñeron visitarnos para ver o que traballamos en Ciencia e asistir á Cullerciencia e, neste curso, iremos visitar nós os tres centros.
  • Cullerciencia. A Feira de Ciencia que organiza o Club de Ciencia, cumpre neste curso a súa 5ª edición. Terá lugar o sábado, 10 de xuño de 2023, no Paseo Marítimo de O Burgo.

Comezamos, por tanto, un novo curso cheo de ilusión e actividades varias, que confiamos en ir ampliando.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONCURSO DE CIENCIA

ANUNCIO CULLERCIENCIA

CONCURSO DE CIENCIA - GAÑADORES/AS