Publicacións

NOVO CURSO, NOVAS ILUSIÓNS

Imaxe
Benvidos e benvidas ao sexto curso do noso Club de Ciencia. Ao longo deste 2023-24 iremos facendo varias actividades, entre as que destacan: Participación en diferentes edicións de Feiras de Ciencia (neste curso temos previsto ir ao Dïa da Ciencia na Rúa). Os Xoves de Ciencia, unha actividade nas que os nenos/as e mestres/as de todos os cursos e niveis do centro, amosan e divulgan ao resto de compañeiros/as os diferentes proxectos, relacionados co eido científico, que desenvolven ao longo de cada curso. Na pandemia os Xoves de Ciencia foron en web pero, neste curso, pretendemos recuperar a presencialidade e facelos nos recreos e nas aulas. Agrupacións de Centros Educativos. Temos un proxecto previsto para este curso e o seguinte co título "conCIENCIAdos por un mundo mejor" cos centros educativos: CEIP Andrés García Soler (Lorca-Murcia), CEIP Federico García Lorca (Las Palmas de Gran Canaria), CEIP Honduras (Madrid) e IES Néstor Almendros (Tomares-Sevilla). Concurso ...

CULLERCIENCIA 2023

Imaxe
O sábado, 10 de xuño, de 2023, celebramos a quinta edición da Cullerciencia (a Feira de Ciencia que, en colaboración co Concello de Culleredo e a FECYT, organiza o Club de Ciencia do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo. Houbo 40 tendas nas que alumnado e profesorado de diversos centros educativos de todas as idades, alumnado e profesorado da Universidade de A Coruña e, en xeral, diversas entidades relacionadas co eido da Ciencia, que presentaron aos numerosos/as asistentes diversas actividades científicas. Tamén tivemos tres charlas de Ciencia que foron especialmente interesantes e motivadoras e diversos obradoiros. Foi unha xornada de divulgación e disfrute para todos os públicos. Xa estamos a preparar a edición do ano 2024 (facede un oco nas axendas para o 8 de xuño de 2024). A continuación podedes ver unha escolma de enlaces e fotos sobre a Feira. ENLACES https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/culleredo/2023/06/02/cullerciencia-cuenta-edicion-presencia-cientificasveronica-bolon-alic...