Publicacións

PLÁSTICOS E MICROPLÁSTICOS

Imaxe
Os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria están a elaborar, para compartir co resto do alumnado do centro, un traballo e un pequeno concurso sobre os plásticos e os microplásticos e o problema que están a supoñer para o noso planeta e os seres vivos que estamos nel. Podedes ver unha escolma de fotos a continuación:      

O CICLO DA AUGA

Imaxe
Os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Ría do Burgo de Culleredo asistiron o luns, 29 de xaneiro de 2024, a un obradoiro de formación sobre o ciclo da auga, impartido por Augas de Galicia. Neste obradoiro aprenderon a importancia da auga para o planeta, en xeral, e para os seres vivos en particular, o ciclo que segue a auga e a importancia dos ríos e o ecosistema que forman para o planeta (vexetación, fauna, rego, risco de inundacións, ...). sabemos, por experiencia na nosa zona e, especialmente, polos nosos compañeiros e compañeiras dos outros centros do proxecto de Agrupacións de centros educativos, da importancia da auga, o seu uso e as consecuencias da súa ausencia. Por iso é moi importante coñecer concienciarnos de utilizala, desde pequenos/as, de xeito responsable. A continuación podemos ver unha escolma de fotos da actividade.  

CONCURSO DE CIENCIA - GAÑADORES/AS

Imaxe
O concurso de Ciencia xa ten gañadores e gañadoras. Todos e todas os/as participantes foron gañadores/as polo seu traballo e esforzo pero, ademais, o xurado quixo distinguir a varios alumnos e alumnas polo seu traballo, a súa orixinalidade e a presentación. Podedes velo no seguinte vídeo:

CONCURSO DE CIENCIA

Imaxe
O venres, 24 de novembro, celebramos no colexio a terceira edición do Concurso de Ciencia que organizamos dende o Club de Ciencia. Nesta terceira edición houbo unha participación record de 60 nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria. O xurado, composto polas mestras de prácticas, valorou a cantidade, calidade e presentación dos diversos experimentos, exposicións e traballos. Todos e todas son gañadores neste concurso pero a deliberación é longa e complicada e, proximamente, entregaremos os diplomas. A continuación podedes ver o vídeo da xornada:  

OBRADOIROS MAKER E DA BIBLIOTECA CREATIVA

Imaxe
A biblioteca do noso colexio segue a realizar diversos obradoiros de temática científica, creativa e maker. Na seguinte táboa podedes ver os que se van ir facendo nos recreos ao longo deste curso.  

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Imaxe
No mes de novembro celebramos o XIV Día da Ciencia en galego. No noso colexio imos organizar unha actividade na que os avós e avoas dalgúns nenos e nenas virán contarnos a todos e todas da tecnoloxía e os inventos máis destacables da súa época para que o alumnado coñeza e valore as diferenzas entre a actualidade na que viven e a de anos atrás e, tamén, aproveitando que o tema do PDI do centro para este curso son os inventos.

NOVO CURSO, NOVAS ILUSIÓNS

Imaxe
Benvidos e benvidas ao sexto curso do noso Club de Ciencia. Ao longo deste 2023-24 iremos facendo varias actividades, entre as que destacan: Participación en diferentes edicións de Feiras de Ciencia (neste curso temos previsto ir ao Dïa da Ciencia na Rúa). Os Xoves de Ciencia, unha actividade nas que os nenos/as e mestres/as de todos os cursos e niveis do centro, amosan e divulgan ao resto de compañeiros/as os diferentes proxectos, relacionados co eido científico, que desenvolven ao longo de cada curso. Na pandemia os Xoves de Ciencia foron en web pero, neste curso, pretendemos recuperar a presencialidade e facelos nos recreos e nas aulas. Agrupacións de Centros Educativos. Temos un proxecto previsto para este curso e o seguinte co título "conCIENCIAdos por un mundo mejor" cos centros educativos: CEIP Andrés García Soler (Lorca-Murcia), CEIP Federico García Lorca (Las Palmas de Gran Canaria), CEIP Honduras (Madrid) e IES Néstor Almendros (Tomares-Sevilla). Concurso ...